Queres formar parte do equipo FINDE.U?

A organización da FINDE.U está creando un equipo transfronteirizo de estudantes voluntarios que, ao tempo que colaboran coa organización da feira poden manter un contacto máis directo coas empresas e entidades participantes na Finde.U.

Se es estudante dunha destas universidades organizadoras, estás interesado e tes dispoñibilidade para os días mencionados, inscríbete e entra a formar parte deste equipo.

As Universidade seleccionarán un equipo de 5 persoas para cada evento, inscríbete no que máis te interese.
 

U.Porto

  • 5 para o evento de Vigo (días 21, 22 e 23 de outubro)
  • 5 para a feira de Porto (días 28, 29 e 30 de outubro)

 

UTAD

  • 5 para o evento de Vigo (días 21, 22 e 23 de outubro)
  • 5 para a feira de Porto (días 28, 29 e 30 de outubro)

 

U.Vigo

  • 5 para o evento de Vigo (días 21, 22 e 23 de outubro)
  • 5 para a feira de Porto (días 28, 29 e 30 de outubro)