As entidades empregadoras poderán asociarse á FINDE.U a través dun patrocinio, obtendo así tanto vantaxes relativas á presencia na feira virtual e feiras presenciais do Porto e Vigo, senón tamén ao longo do ano.

  1. Participación nas tres feiras;
  2. Polo patrocinio se engaden 3m2 ao stand, de xeito que o tamaño definitivo sería de 9m2 (4,5m2 x 2m2);
  3. Elección da ubicación do stand nas feiras presenciais en Oporto e Vigo;
  4. Visibilidade como Patrocinador
    • Divulgación como Patrocinador do evento na plataforma da feira virtual, na sección “Sobre” / “About” o evento (logotipo con link para páxina corporativa da entidade empregadora);
    • Logotipo na contraportada da Guía da FINDE.U e unha páxina de publicidade a constar na Guía da feira virtual e das feiras presenciais (páxina A5/cores). As Guías serán distribuídas on-line e en papel (esta última soamente nas feiras presenciais);
    • Folletos, carteis e manteles nos comedores universitarios;
    • Divulgación da organización / empresa nas redes sociais das respectivas entidades que forman parte da organización.
  5. Divulgación das oportunidades de emprego/ prácticas polos servizos de emprego das tres Universidades nos Portais de Emprego existentes;