Tras o éxito das anteriores edicións, a Finde.U un consorcio da Universidade do Porto coa Universidade de Trás os Montes e Alto Douro e a Universidade de Vigo, organiza durante o ano 2018 :

  • Feira Virtual do Emprego 2018, de 9 a 10 de abril de 2019
  • Feira Internacional do Emprego – Vigo, de 22 a 23 de outubro de 2019
  • Feira Internacional do Emprego – Oporto, de 29 a 30 de outubro de 2019

As empresas/organizacións poderán participar na FINDE.U en diferentes modalidades: nunha soa das feiras ou no conxunto, se é do interese da empresa/organización. As modalidades de participación e os seus respectivos custos se poden consultar no menú “modalidade de participación

As empresas/organizacións poden asociarse ao evento como patrocinadores, de xeito que se beneficiarían de varias vantaxes – consultar máis información e prazos de inscrición no apartado “Patrocinios“.

Para os estudantes e titulados/as, a FINDE.U, de entrada libre, é unha oportunidade para contactar, online e presencialmente, con varias entidades empregadoras e ter unha visión da situación actual do mercado de traballo e os seus desafíos inscríbete.