Depois do éxito das edicións anteriores da Finde.U, nas súas diferentes modalidades e nas que participaron máis de catrocentas empresas e puntos de información de toda Europa promovendo a xestión de máis de quince mil candidaturas a ofertas de emprego, as Universidades de Porto e a Vigo, Trás-Os-Montes e Alto Douro organizan novamente a Finde.U – Feira Internacional do Emprego Universitario que terá lugar os días 22 e 23 de outubro en Vigo e os días 29 e 30 de outubro en Oporto, ambos no ano 2019.

Coa organización deste evento presencial conxunto, as catro universidades proporcionarán diferentes oportunidades ao longo dos catro días, tanto a estudantes como aos/ás titulados/as de todas as áreas de coñecemento en contacto directo con organizacións e empresas que andan na procura do talento universitario da euro rexión.

A Finde.U é un evento aberto a estudantes e titulados/as de calqueira universidade, no que se lles ofrece:

  • Contacto directo cos responsables dos RRHH das empresas e organizacións.
  • Ofertas de emprego, bolsas e prácticas.
  • Procesos de selección a medio e longo prazo.
  • Entrevistas de traballo.
  • Sesións informativas e workshops.